Aviso legal

PRIMEIRA

O Concello de Vigo, a través do portal “https://postaishistoricasmunicipais.vigo.org”, ofrece unha serie de recursos de documentación histórica e permite a procura, o acceso e a visualización dos datos utilizando un navegador e posibilita a difusión de información entre as diversas institucións, as empresas e a cidadanía.

Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Concello de Vigo non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

SEGUNDA

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade do Concello de Vigo. As fotografías das postais poden ter tamén dereitos de propiedade intelectual do autor.

TERCEIRA

O Concello de Vigo informa do uso de cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: O Portal usa cookies propias necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte das persoas usuarias.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí (https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=es).

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

CUARTA

Os tratamentos dos datos de carácter persoal que se recollen neste Portal están suxeitos á regulación básica de protección de datos. As persoas usuarias teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo polo Concello de Vigo incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto coa persoa delegada de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Protección de datos (https://sede.vigo.org/expedientes/sede_textos/texto.jsp?idt=sede_lopd&lang=gal)

QUINTA

As ligazóns ás “web” de terceiros (“links”) non lle xeran responsabilidade ningunha ó Concello de Vigo.

SEXTA

O Concello de Vigo advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado (“SPAM”) dirixido ás contas de correo electrónico utilizadas no Portal dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade ás persoas remitentes.